Un proxecto nacido da paixón polo fútbol sala.
O Sport Sala F.S. fundouse en Culleredo no ano 2016, impulsado por Iago Socastro, Iván ("Manitas"), Nandi e Óscar: catro persoas vencelladas ao fútbol sala e unidas por unha paixón común e o desexo de crear algo propio. A experiencia de Iago como antigo xogador profesional complementou a traxectoria e os coñecementos de todo o grupo.
Desde o principio, tivemos claro que o club debía construírse desde a base. Por iso, a formación de canteira converteuse nun alicerce fundamental do noso proxecto, creando un espazo onde nenos e nenas puidesen descubrir o fútbol sala, aprender e medrar nun ambiente de equipo.
Pero medrar tamén significa aspirar a acadar novas metas.
Co paso dos anos, o Sport Sala F.S. desenvolveu un proxecto que equilibra a formación coa competición, acompañando aos xogadores desde os seus primeiros pasos e ofrecendo un escenario de maior esixencia para aqueles que desexan progresar.
Medramos en número de equipos, categorías e retos deportivos, chegando a competir a nivel nacional e participando en fases de ascenso e torneos como a Copa do Rei.
Tamén vimos como xogadores que comezaron connosco seguían medrando noutros clubs e acadando novos fitos; xogadores como Charly.
Unha década despois, seguimos comprometidos coa mesma visión que tiñamos o primeiro día:
Construír un club desde a base, medrar xuntos e competir ao máis alto nivel.
Porque o Sport Sala F.S. é máis ca un equipo.
É un proxecto construído por xogadores, adestradores, familias, colaboradores e empresas que cren no deporte e fan posible que sigamos avanzando.
PRESIDENTE: Iago Socastro
VICEPRESIDENTE: Iván García
SECRETARIO: Noelia Casal
TESOUREIRO: Oscar López
VOGAL: Marta Gil