Forma parte do Sport Sala F.S.
Sport Sala fórmano todas as persoas que, dun xeito ou outro, axudan a que este proxecto siga medrando.
Agora, ti tamén podes facerte socio e colaborar directamente co club.
A túa achega axúdanos a medrar desde a base, manter os nosos equipos e categorías, e seguir construíndo un proxecto deportivo para todas as idades.
Non é preciso estar na pista para formar parte do equipo.
Ser membro significa apoiar o club, sentirse parte do proxecto e axudarnos a seguir facendo aquilo que nos apaixona.
Estas serán as as vantaxes de unirte á nosa familia:
🎁 Acceso a sorteos exclusivos para membros.
🛍️ Descontos en produtos e actividades do club.
Individual - 10€/ano
Familiar - 20€/ano
Unha pequena contribución que nos axuda a seguir medrando.
Ti tamén podes formar parte do Sport Sala F.S.
Colaborar co equipo vai moito máis alá de simplemente amosar un logotipo.
Supón vincular a túa empresa a un proxecto deportivo local, apoiar xogadores de todas as idades e formar parte dunha comunidade que comparte valores como o esforzo, o compromiso e o traballo en equipo.
Ofrecemos diversas opcións de patrocinio adaptadas a empresas de todos os tamaños, desde colaboracións sinxelas ata asociacións de gran visibilidade.
Dependendo do tipo de colaboración, pode obter visibilidade en diversos espazos e plataformas do club:
👕 Equipacións do equipo e material deportivo.
📱 Redes sociais e contido dixital.
🖥️ Sitio web do club.
🏟️ Pavillón e partidos.
📸 Actividades e eventos do club.
🤝 Outras iniciativas de colaboración personalizadas.
Cando unha empresa apoia o Sport Sala, tamén está a apoiar o deporte e as persoas que forman parte del.
¿Falamos?
Descobre as nosas opcións de patrocinio e atopa a que mellor se adapte á túa empresa.