O sorteo da primeira eliminatoria da Copa de España de S.M. El Rey de Fútbol Sala, celebrado este venres 9 de outubro, deparounos un novo desafío: recibiremos no noso pavillón ao Gasifred Atlético Ibiza, equipo de Segunda División, o martes 27 de outubro ás 20:30 h.
Un reto esixente, si, pero tamén unha gran oportunidade para seguir medrando, competir ao máximo nivel e vivir unha experiencia única como club.
Chegamos a esta eliminatoria despois de conseguir eliminar a un equipo de Segunda B.
Agora toca dar un paso máis e afrontar con ilusión, ambición e traballo a chegada dun rival de categoría superior.
Sabemos da dificultade do desafío, pero tamén sabemos o que significa xogar na casa e contar co apoio da nosa xente. Porque se algo nos caracteriza é que nunca deixamos de competir.
A Copa continúa e nós queremos seguir soñando.
O noso xuvenil Senel García marcou este sábado o seu primeiro gol co equipo sénior, nun momento especial que supón un paso máis na súa progresión.
E fíxoo por todo o alto: cunha vaselina ante o porteiro para estrearse como goleador co primeiro equipo.
Unha gran recompensa ao seu traballo e un motivo de orgullo para todo o club. 💙
Parabéns, Senel!
Que sexa o primeiro de moitos.
Espectáculo o vivido este martes 22 de setembro en Tarrío.
Dous grandes equipos fronte a fronte: un deles, con grandes individualidades. O outro, demostrando que con intensidade, concentración e traballo tamén se pode ser un señor EQUIPO.
O noso equipo conseguiu a clasificación para a seguinte fase da Copa de España tras impoñerse nos penaltis a un rival de categoría superior.
O encontro rematou con 1-1 tras os 40 minutos regulamentarios e as dúas prórrogas, nun partido intenso, bonito e entretido que mantivo a emoción ata o último instante.
Foi un auténtico traballo de equipo en todas as liñas, con mención especial para os nosos porteiros, Nachete e Prego, e para os peches Stefano e Mateo, que fixeron desesperar aos rivais co seu traballo defensivo, intensidade e concentración.
E cando as pernas xa pesaban e o partido parecía non querer decantarse, chegaron os penaltis. Alí, os nosos deron un paso máis para conseguir unha clasificación que premia o esforzo, a intensidade e a capacidade de non renderse nunca.
Ademais, nesta ocasión contamos co apoio de representantes do Goberno local, que quixeron acompañarnos nunha noite tan especial, xunto cun Pavillón de Tarrío que empurrou aos nosos ata o final.
Unha noite de Copa para lembrar e, sobre todo, unha nova mostra do camiño que queremos seguir: traballar xuntos, competir cada balón e non deixar de crer.
Agora toca esperar rival para a seguinte fase da Copa de España.
O Sport Sala F.S disputará este martes 22 de setembro o seu primer partido na Copa de España e recibirá na casa ao Esteo F.S de Segunda División B.
Este é o segundo ano consecutivo que participamos nesta competición.
https://rfef.es/es/noticias/asi-sera-la-eliminatoria-previa-de-la-copa-de-espana-de-sm-el-rey
A xornada inaugural da liga trouxo tamén un motivo especial de celebración: a canteira tivo un papel destacado no debut do primeiro equipo na Terceira División Nacional.
Tres xogadores da canteira —Christian, Félix e Senel— foron convocados para este primeiro encontro. Para dous deles foi un día inesquecible, xa que debutaron oficialmente. Esto supón un paso importante na súa evolución e demostra que o traballo duro na canteira dá os seus froitos.
Aínda que o terceiro xogador da canteira non chegou a xogar, o simple feito de formar parte da convocatoria do primeiro equipo representa unha experiencia valiosa e un recoñecemento ao esforzo realizado.
A eles sumouse Pablo —outro produto da nosa canteira que conta con ficha no primeiro equipo esta tempada—, quen tamén debutou oficialmente co equipo na Terceira División Nacional.
Máis aló dos minutos de xogo, este ito representa algo moito maior: a oportunidade de que os xogadores formados na casa medren, aprendan e cheguen ao primeiro equipo.
É un motivo de orgullo para eles, para as súas familias e para todo o club.
A canteira segue a medrar. E con ela, o noso futuro.